Como todos/as sabemos los antiguos certificados de iniciación y perfeccionamiento de gallego, ahora han pasado a denominarse niveles Celga , correspondiendo el Celga 4 con el perfeccionamiento, ya sea con el curso de la consellería de Política y Linguística o con la convalidación por estudios de BUP, COU, Bachillerato LOXSE o FP segundo grado.
- Normativa e validacións:
As validación das materias de lingua galega de EXB, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional polos niveis de competencia Celga serán expedidas polos/as secretarios/as dos centros que custodian as cualificacións, logo da correspondente solicitude feita polo/a interesado/a.
Os que superasen a materia de lingua galega nas probas libres para o graduado escolar ou nas probas libres para o graduado en educación secundaria obrigatoria solicitarán a validación na Inspección da Consellería de Educación e ordenación Universitaria.
As restantes validacións, no seu caso, serán expedidas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística tras a petición da persoa interesada.
Quedan excluídos do ámbito de aplicación desta orde de validacións os cursos de linguaxes específicas e de extensión cultural, que seguirán regulándose segundo o previsto na Orde do 1 de abril de 2005 (DOG nº 71, do 14 de abril).
Para o acceso e valoración de méritos na función pública galega terá a mesma validez posuír as certificacións de aptitude dos cursos de lingua galega regulados na Orde do 1 de abril de 2005 (oral, iniciación e perfeccionamento) que as certificacións de aptitude dos Celga 1, Celga 3, Celga 4 respectivamente. Nas bases das convocatorias de oposicións e/ou concursos de méritos estableceranse os niveis de lingua exixidos como requisito e/ou como mérito.
A partir da entrada en vigor desta orde a Secretaría Xeral de Política Lingüística non poderá homologar, validar ou certificar aptitude sobre cursos de lingua galega oral, iniciación ou perfeccionamento rematados con posterioridade á entrada en vigor.
A nova orde de validacións (de 16 de xullo de 2007) establece: 1. Serán validables polo Certificado de lingua galega 1 (Celga 1): Certificado do curso de nivel elemental de lingua e cultura galegas para estranxeiros impartido polas universidades de Galicia ata a entrada en vigor desta orde. Certificado de curso de lingua galega para non galego-falantes impartidos polas universidades galegas, ata a entrada en vigor desta orde. Certificado do nivel básico dos estudos de galego da UNED ata a entrada en vigor desta orde.
2. Serán validables polo Certificado de lingua galega 2 (Celga 2): O título de graduado escolar, sempre que se estudase toda a EXB ou primaria en Galicia e se cursase de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos dos ditos estudos. O certificado do curso de nivel medio de lingua e cultura galegas para estranxeiros impartido polas universidades de Galicia, ata a entrada en vigor desta orde. Certificado do nivel medio dos estudos de galego da UNED ata a entrada en vigor desta orde. Certificado de ter cursado e aprobado as materias de ciencias sociais e as materias optativas de galego da ESO nos centros do Bierzo e Sanabria acollidos ao programa de formación previsto no convenio para a promoción do idioma galego nos territorios limítrofes das comunidades autónomas de Galicia e Castela e León, subscrito entre ambas as dúas comunidades.
3. Serán validables polo Certificado de lingua galega 3 (Celga 3): O título de graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO) ou técnico auxiliar (FP1), sempre que se estudase en Galicia na súa totalidade e se cursase de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos dos ditos estudos. O certificado do ciclo inicial de galego expedido polas escolas oficiais de idiomas. Certificado de ter cursado e aprobado as materias de ciencias sociais e as materias optativas de galego na ESO e no bacharelato nos centros do Bierzo e Sanabria acollidos ao programa de formación previsto no convenio para a promoción do idioma galego nos territorios limítrofes das comunidades autónomas de Galicia e Castela e León, subscrito entre ambas as dúas comunidades.
4. Serán validables polo Certificado de lingua galega 4 (Celga 4): O título de bacharelato (LOXSE ou BUP) ou técnico de FP2, sempre que se estudase en Galicia na súa totalidade e se cursase de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos dos ditos estudos. Certificación do curso de especialización en lingua galega para profesores de EXB.
5. Serán validables polo Certificado de lingua galega 5 (Celga 5): O título de licenciado en filoloxía galega ou filoloxía hispánica (subsección de galego-portugués). Calquera outro título de licenciatura, diplomatura ou equivalente, sempre que se acompañe de certificación de que se cursaron, polo menos, 18 créditos de lingua galega, e se estea en posesión do Celga 4. O certificado do ciclo superior de galego, expedido polas escolas oficiais de idiomas conforme ao programa previsto no Real decreto 47/1992, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os contidos mínimos correspondentes ao ensino especializado das linguas españolas impartidas nas escolas oficiais de idiomas. Fuente consultada: http://www.xunta.es/linguagalega/
0 comentarios:
Publicar un comentario