( texto en gallego)
Obxecto e réxime das axudas:
1. O obxecto da presente resolución é a convocatoria e regulación do réxime de concesión de axudas económicas a aqueles traballadores que entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011 se acolleran a unha redución da súa xornada de traballo para o coidado do seu fillo/a.
2. O outorgamento das axudas ás que se refire esta convocatoria realizarase a través da modalidade de pagamento único e de forma continuada ata esgotar o crédito orzamentario consignado para estes efectos, segundo a orde de recepción de solicitudes e baixo os principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.
Artigo 2. Compatibilidade das axudas.
As axudas por redución de xornada previstas na presente resolución serán compatibles con calquera outra que, co mesmo obxecto, teñan establecidas ou puideran establecer calquera das administracións públicas, dos seus organismos autónomos, entes ou sociedades, así como por calquera entidade privada.
Persoas beneficiarias.1. Poderán beneficiarse das axudas previstas nesta resolución:
a) Homes que se acollan á redución de xornada á que se alude no artigo 5 da presente resolución e sexan traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario e os socios das sociedades cooperativas sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social.
b) Familias monoparentais nas que a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada á que se alude no artigo 5 da presente resolución.
2. As persoas solicitantes, para obter a condición de beneficiarias, deberán cumprir, ademais das esixencias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os seguintes requisitos:
a) Estar inscritas no padrón de calquera municipio dos integrados no territorio da comunidade autónoma galega, polo menos cun ano de antelación á presentación da solicitude de subvención.
c) No caso das familias non monoparentais, o outro membro da unidade familiar deberá ser traballador/a por conta allea ou ben autónomo/a e manter esa situación durante todo o período subvencionado. Entenderase cumprido este requisito cando, habendo períodos non traballados, a suma destes non supere o 5% do período subvencionado.
3. En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos/as, ou se a súa tutela ou garda fora asumida por unha institución pública.
Más info y acceso al Doga aquí
0 comentarios:
Publicar un comentario