martes, enero 13
Cursos Celga en Riveira
El ayuntamiento de Riveira ( A Coruña ) , organiza nuevos cursos para la obtención de los certificados de Gallego Celga 2, 3 y 4., convocados por la Secretaría General de Política y Linguística de la Xunta de Galicia.
El plazo para anotarse es hasta el 29 de enero de 2009; para matricularse y solicitar información enviar correo a
normalizacion@riveira.com
Anuncio Cursos Celga Riveira
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
O sábado 23 de maio acudín á Escola Oficial de Idiomas de Ourense para realizar as probas do Celga 4. Xa na entrada constatei que a maioría eramos corentóns-onas e cincuentóns- onas, aqueles que tivemos a desgraza de non recibir a formación en galego, pero que sempre o falamos, respectamos e que agora debemos acreditar mediante un certificado.
Fun o curso dun Celga 4 e esforceime moito por estudar un curso coherente coas esixencias do Marco europeo de referencia para o ensino de linguas e que á vez fose ameno, útil e eficaz. A pesar da brevidade do curso, algúns alumnos e alumnas atinguimos un bo nivel de lingua, o cal nos animaba a estudar aínda con maiores ganas. Cumprían sobradamente as esixencias do Celga 4 (ou sexa, dun C1).
No entanto, a inmensa maioría non superamos o exame. Ou, mellor dito, non conseguimos agradar os examinadores e examinadoras que, cun prurito filolóxico inculcado desde os asentos da facultade e que non conseguen sacudir, só concederon a graza do aprobado a aquelas persoas que obtiveron as mellores cualificacións, obviando que entre o "sobresaliente" e o "non apto" existe toda un territorio de "aptos" que ben merecerían engrosar a escuálida lista dos que conseguiron o seu beneplácito.
Negocio feo, este de xogar coa vida da xente. E poucas cousas aprendidas no campo da didáctica, cando se cre que a maior trabas e dificultades, maior prestixio para a lingua.
Exposta a miña petición, e amparándome na igualdade de dereitos e deberes, que “segundo a lei nos corresponde”, quero exteriorizar o meu desexo solidario: que todos os políticos, antes de formar as candidaturas para as próximas eleccións autonómicas, se sometan ó mesmo tipo de avaliación e demostren que están á altura das circunstancias para ocupar un cargo público. Non se emperrenchen comigo, pero preciso utilizar a retranca que tanto nos caracteriza, ja, ja, ja... cantas cadeiras ían quedar baleiras! A xulgar polos resultados dos exames Celga4 as competencias lingüísticas na lingua propia segun ós examinadores e filólogos da nova 'xeración' están moi por baixo do que cabería esperar...? Medo teño a que esta fachendosa PREPOTENCIA amosada por filólogos de vía estreita REMATE DE VEZ COA LINGUA GALEGA no nóso país...! Non hai peor cego co que NON QUERE VER... a desfeita de política lingüítica que andades a vender sen éxito (76% fracaso) e sen futuro máis aló dos que ENCHEN os petos grazas á Lingua Galega!
Seica a pénas un 24 % dos galegos e galegas de Ourense que se teñen presentado a esta proba parecen acadar as competencias comunicativas que requiren o novos tempos…
Unha lingua non se fala por Decreto!
E senon que llo pregunten ós que levan anos vivindo da lingua galega neste país ou ós membros da Comisión Avaliadora dos Celga que veñen de confirmalo coa súa sentenza de morte para o futuro do galego coma sempre fixeron.
¿ É así como pensan recuperar a lingua galega ?
Imnos ter que matricular á tódolos galegos e galegas nas probas do Celga 4 para ver se así aprendemos dunha vez a nosa propia lingua, a colocar os pronomes ou a empregar as retrincadas formas lingüísticas que converten a solapa na lapela e que sen dúbida terán boa parte da culpa deste recoñecido fracaso lingüístico en Galicia.
O nivel Celga 4 acredita unha competencia no uso da lingua suficiente para expresarse con fluidez e espontaneidade na maior parte das situacións comunicativas. O problema é que o CELGA o está a suspender xente que, realmente, FALA e escribe galego con soltura e naturalidade. Isto parece ser pola esixencia excesiva na corrección.
Resulta sorprendente o fracaso lingüístico galego cando unha poboación de feito bilingüe -na súa inmensa maioría- non acada as competencias suficientes á xuízo dos novos CENSORES da política lingüística do país… ¿Imaxinan o que sucedería se os resultados do ‘fracaso escolar’ fora un 76%?
¿Alguén podería explicar estes resultados… e alguén podería con estes resultados na man seguir a insistir en que as políticas de Imposición Lingüística son o camiño para recuperar a lingua galega no noso país…?
O da equiparación co título de perfeccionamento , paréceme unha tomadura de pelo supina. A maioría dos que teñen ese título, non superarían nin un celga 2 , porque imos , que me digan o listo que é capaz de alcanzar un C1 con 75 horas de clase........ O simpático é que o celga-4 está equiparado co curso de perfeccionamento que se daba antes. É dicir, se íba a un curso 75 horas, e logo examinábache o mesmo que che deu o curso (sabías por onde íban a ir os tiros no exame), e como resultado aprobaba máis do 90% dos alumnos.
Agora, ademais do curso (que cho podes aforrar porque os profesores non teñen nin idea de como preparar aos seus alumnos para este procreo), hai que perder tres días (se non vives nas sedes): un para matricularse e dous para o exame, aguantar o puteo dun exame que parece unha oposición a notarías, e encima suspenden ao 74% dos presentados.
O galego non debe desaparecer pero curiosamente parece que os datos son alarmantes, despues de tanta regulación, de tanta "imposición", parece que much@s deixan de falar galego precisamente por sentirse presionades, parece que l@s que gobernaron esquecen que o imposto non é atractivo.
Un saúdo e estou contigo de acordo en moitos máis puntos dos que pensas.
Pongámosnos as pilas TODOS e dediquémosle uns minutos de reflexión ao que aquí estamos RECLAMANDO. Todo é posible se hai boa vontade política e se se admiten as equivocacións pasadas. To err is human, to forgive ... ("errar é humano, perdoar...")
si es certo, en riveira na ultima so aprobou unha persoa e curisamente non era galego-falante, o colmo diria eu, estan politizando o uso do galego, como saben que é un requisito pra traballar na administracion asi o fan, esperemos cambien e volvan os antigos certificados de iniciación e perfeccionamento, que eran moito mais faciles e eses examenes celga que llos fagan os de fora da comunidade, que como ven dis non mamoran a lingua como nós, nin as nosas costumes, nin tradicions
Publicar un comentario